From Wikipedia, the free encyclopedia
A Primeira División do Uruguai é o torneo mais importante do fútbol profesional no Uruguai, organizado pola Asociación Uruguaia de Fútbol. Aínda que o primeiro campionato ligueiro de fútbol neste país disputouse en 1900, até 1931 todos foron torneos de afeccionados. Foi a partir da edición de 1932 cando nace o profesionalismo no fútbol do Uruguai. A primeira división do campionato uruguaio de fútbol está dominada tradicionalmente por dous equipos, o Club Atlético Peñarol e o Club Nacional de Football, ámbolos dous da cidade de Montevideo. Os dous clubs manteñen unha rivalidade acérrima. O Peñarol acadou 47 títulos nas súas 109 participacións, mentres que o Nacional acadou 45 títulos en 110 tempadas.
Nome na lingua orixinal | (es) Liga Profesional de Primera División |
---|---|
Tipo | liga de fútbol |
Organizador | Asociación Uruguaia de Fútbol |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
País | Uruguai |
Vixencia | 1900 – |
Calendario da tempada | agosto – agosto – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | auf.org.uy… |
O actual campión é o Nacional, que acadou o campionato tras gañar o Torneo Apertura e a Táboa Anual, e vencendo nun encontro final ó Peñarol, de xeito que gañou o título da tempada 2014-15.
Dende a tempada 2005-06 o campionato xógase segundo o formato europeo, é dicir, comezando no segundo semestre do ano e rematando no primeiro semestre do ano seguinte. A pesar de que o campionato está dividido en dous torneos dende 1994 (Apertura e Clausura), 1 só dos 16 equipos participantes pode ser campión cada tempada. Cada torneo consta de 15 xornadas, xa que corresponde cunha volta completa segundo o sistema de liga europeo.
Para decidir o campión da tempada, despois dos 2 torneos lévanse a cabo a finais polo campionato, nas que se enfrontan como nunha semifinal os 2 campións dos 2 torneos, e logo o gañador fronte ó líder da táboa anual que resulta de sumar os puntos acadados nos torneos Apertura e Clausura. A "semifinal" é un único encontro, mentres que a final é a dobre encontro, con ida e volta.
Cando un equipo é o gañador dos 2 torneos, ese equipo é campión sen necesidade de xogar ningún encontro mais. No caso de que un equipo gañe un torneo, e outro equipo gañe o outro torneo e ademais sexa o líder da Táboa Anual, pódense dar 2 situacións:
Club | Cidade | Estadio | Fundación | Tempadas | T.Cons | Campión | Na temp. 2010-11 |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Cerro | Montevideo | Tróccoli | 1 de decembro de 1922 | 69 | 8 | - | 13 |
Danubio | Montevideo | Jardines | 1 de marzo de 1932 | 65 | 45 | 4 veces | 5 |
Defensor Sporting | Montevideo | Franzini | 15 de marzo de 1913 | 88 | 50 | 4 veces | 4 |
El Tanque Sisley | Montevideo | Della Valle | 17 de marzo de 1955 | 6 | 5 | - | 9 |
Fénix | Montevideo | Capurro | 7 de xullo de 1916 | 33 | 6 | - | 10 |
Juventud | Las Piedras | Parque Artigas | 24 de decembro de 1935 | 9 | 3 | - | 6 |
Liverpool | Montevideo | Belvedere | 15 de febreiro de 1915 | 74 | 1 | - | - |
Nacional | Montevideo | Parque Central | 14 de maio de 1899 | 110 | 110 | 45 veces | 1 |
Peñarol/CURCC | Montevideo | Damiani | 28 de setembro de 1891 | 109 | 88 | 47 veces | 2 |
Plaza Colonia | Colonia del Sacramento | Suppici | 22 de abril de 1917 | 6 | 1 | - | - |
Racing | Montevideo | Roberto | 6 de abril de 1919 | 48 | 7 | - | 7 |
Rentistas | Montevideo | Complejo Rentistas | 26 de marzo de 1933 | 25 | 2 | - | - |
River Plate | Montevideo | Saroldi | 11 de maio de 1932 | 66 | 11 | - | 3 |
Sud América | Montevideo | Martínez Laguarda | 15 de febreiro de 1914 | 48 | 2 | - | - |
Villa Teresa | Montevideo | Tróccoli | 1 de xuño de 1941 | 1 | 1 | - | - |
Ano | Campión | Subcampión |
---|---|---|
1900 | CURCC | Albion |
1901 | CURCC | Nacional |
1902 | Nacional | CURCC |
1903 | Nacional | CURCC |
1904 | Non se xogou pola guerra civil. | |
1905 | CURCC | Nacional |
1906 | Montevideo Wanderers | CURCC |
1907 | CURCC | Montevideo Wanderers |
1908 | River Plate FC | Montevideo Wanderers |
1909 | Montevideo Wanderers | CURCC |
1910 | River Plate FC | CURCC |
1911 | CURCC | Montevideo Wanderers |
1912 | Nacional | CURCC |
1913 | River Plate FC | Nacional |
1914 | River Plate FC | Peñarol |
1915 | Nacional | Peñarol |
1916 | Nacional | Peñarol |
1917 | Nacional | Peñarol |
1918 | Peñarol | Nacional |
1919 | Nacional | Universal |
1920 | Nacional | Peñarol |
1921 | Peñarol | Nacional |
1922 | Nacional | Montevideo Wanderers |
1923 | Nacional | Rampla Juniors |
1924 | Nacional | Bella Vista |
1925 | Non se rematou o campionato por problemas internos. | |
1926 | A Asociación Uruguaia de Fútbol non organizou ningún torneo oficial. | |
1927 | Rampla Juniors | Peñarol |
1928 | Peñarol | Rampla Juniors |
1929 | Peñarol | Nacional |
1930 | Non se xogou por mor da Copa Mundial de Fútbol. | |
1931 | Montevideo Wanderers | Nacional |
Ano | Campión |
---|---|
1923 | Atlético Wanderers |
1924 | Peñarol |
1925 | O torneo comezou pero non rematou. |
Ano | Campión |
---|---|
1926 | Peñarol |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.