![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d1/Sanzio_01_cropped.png/640px-Sanzio_01_cropped.png&w=640&q=50)
Presocráticos
filósofos anteriores a Sócrates / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os filósofos presocráticos son, como suxire o nome, os filósofos anteriores a Sócrates, aínda que tamén poden ser contemporáneos a el.
![]() |
Filosofía grega |
---|
Esa división acontece debido ao obxecto da filosofía destes filósofos e da novidade introducida por Sócrates. Temporalmente, os sofistas son anteriores a Sócrates, pois xa había sofistas antes de Sócrates, contemporáneos a el e posteriores. Mais o pensamento deles sitúase nunha categoría propia en certas veces, e relacionados a Sócrates noutras veces. Iso porque o pensamento de ambos (sofistas e Sócrates) chega a tocarse moitas veces; as súas diferenzas consisten en cuestións de conduta (os sofistas cobraban polo seu ensino, por exemplo) e algunhas posicións (os sofistas eran, no máis das veces, relativistas, por exemplo). Mais ambos representan unha certa ruptura cos presocráticos, que son tamén chamados de filósofos da physis.
Tales filósofos, considerados pioneiros da filosofía occidental, buscaban un principio, a arché, que debería ser un principio presente en todos os momentos da existencia de todo. Esa arché debería estar no inicio, no desenvolvemento e no fin de todo.
Son chamados "da physis" porque as súas investigacións xiraban sempre en torno do mundo material, físico; aínda que non poucas veces a arché fose algo non-físico, como os números, para os pitagóricos, ou o a-peiron (unha "cousa" increada e sen un comezo), para Anaximandro.