![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c0/Flag_of_the_President_of_Iceland.svg/langgl-640px-Flag_of_the_President_of_Iceland.svg.png&w=640&q=50)
Presidente de Islandia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O presidente de Islandia (islandés: Forseti Íslands) é o xefe de estado de Islandia. É elixido pola poboación para un período de 4 anos por sufraxio universal, e ten uns poderes limitados. A constitución non limita o número de veces que pode servir o presidente no seu cargo. Houbo cinco presidentes dende que o país conseguise a independencia de Dinamarca en 1944. O actual é Ólafur Ragnar Grímsson, que se atopa no seu quinto goberno como presindete, elixido por vez primeira en 1996, e re-elixido recentemente no 2012.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c0/Flag_of_the_President_of_Iceland.svg/640px-Flag_of_the_President_of_Iceland.svg.png)
A residencia presidencial está localizada en Bessastaðir, Garðabær, preto da capital Reiquiavik. A constitución nacional especifica que cando o presidente non pode exercer o seu deber no cargo, o Primeiro Ministro, presidente do parlamento, e mailo presidente do Tribunal Supremo, asumen colectivamente a responsabilidade. O presidente é tamén o Gran Mestre da Orde do Falcón.