Presidente da República Popular da China
Xefe de Estado da China / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Presidente da República Popular da China é o xefe de Estado da República Popular da China.
Presidente da República Popular da China 中华人民共和国主席 | |
---|---|
Designado por | Asemblea Popular Nacional da República Popular da China |
Nomeado por | Presidium da Asemblea Nacional |
Duración | 5 anos, renovable |
Creación | 27 de setembro de 1954 |
Primeiro titular | Mao Zedong |
Segundo a constitución do país, a presidencia é un cargo cunhas funcións en gran parte cerimoniais con poderes limitados.[1][2][3] É elixido pola Asemblea Popular Nacional para un mandato de cinco anos. O cargo está oficialmente considerado como unha institución do Estado máis que un posto administrativo. O Presidente actual é Xi Jinping, que tomou posesión do cargo en marzo de 2013.[4]
Dende 1993, excepto en breves períodos de transición, os presidentes ocuparon ao mesmo tempo o cargo de Secretario Xeral do Partido Comunista da China e de comandante en xefe do exército (como Presidente da Comisión Militar Central).
O cargo foi creado co establecemento da Constitución da República Popular da China en 1954 e foi ostentado sucesivamente por Mao Zedong e Liu Shaoqi. Liu caeu en desgraza política durante a Revolución Cultural e o cargo foi ocupado interinamente por Soong Ching-ling e Dong Biwu ata que foi abolido baixo a Constitución de 1975. Foi máis tarde restabelecido coa Constitución de 1982, mais con poderes reducidos.
Entre 1982 e 2018, a constitución estipulou que o presidente non podería exercer máis que dous mandatos consecutivos. Durante a era Mao e na actualidade dende 2018, non hai límites de mandatos.[5]