Presencia de América Latina
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
A Presencia de América Latina, tamén coñecida como Integración de América Latina, é unha pintura mural de 300 metros cadrados, pintada en acrílico sobre estuco áspero, polo artista mexicano Jorge González Camarena entre novembro de 1964 e abril de 1965. A obra é localizada no vestíbulo de acceso da Casa del Arte da Cidade Universitaria de Concepción, Chile, e a súa temática principal, de forte carácter simbólico, é a unidade e a fraternidade das distintas culturas de América Latina.
A pintura mural foi declarada Monumento Histórico polo Decreto 147 do 30 de abril do 2009.[1] No 2010, no bicentenario de Chile, a obra foi recoñecida baixo o presente status polo Goberno de Chile, situándose na obra unha placa de recoñecemento.[2]