Prensa hidráulica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha prensa hidráulica é un mecanismo conformado por vasos comunicantes impulsados por pistóns de diferente área que, mediante pequenas forzas, permite obter outras maiores. Os pistóns denomínanse pistóns de auga, xa que son hidráulicos. Estes fan funcionar conxuntamente ás prensas hidráulicas por medio de motores 2.1.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
No século XVII, en Francia, o matemático e filósofo Blaise Pascal comezou unha investigación referente ao principio mediante o cal a presión aplicada a un líquido contido nun recipiente se transmite coa mesma intensidade en todas as direccións. Grazas a este principio pódense obter forzas moi grandes utilizando outras relativamente pequenas. Un dos aparellos máis comúns para alcanzar o anteriormente mencionado é a prensa hidráulica, a cal está baseada no principio de Pascal.
O rendemento da prensa hidráulica garda similitudes co a panca, pois obtéñense presións maiores que as exercidas, pero aminórase a velocidade e a lonxitude de desprazamento, en similar proporción.