Premià de Dalt
municipio da provincia de Barcelona, España From Wikipedia, the free encyclopedia
municipio da provincia de Barcelona, España From Wikipedia, the free encyclopedia
Premià de Dalt é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. A localidade está situada a uns 20 km de Barcelona.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Maresme | ||||
Capital | Old Town, Premià de Dalt (en) | ||||
Contén a división administrativa | Barri del Remei-Castell (en) Buvisa (en) Feliu Vila (en) La Cisa (en) La Floresta (en) Old Town, Premià de Dalt (en) Puig de Pedra-Sot del Pí (en) Q9207820 Q9207821 Q9207823 Santa Anna-Tió (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.532 (2023) (1.595,76 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 50 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 6,6 km² | ||||
Altitude | 143 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Josep Triadó Bergés (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08338 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08230 | ||||
Código territorial IDESCAT | 082303 | ||||
Páxina web | premiadedalt.cat | ||||
O municipio está situado nun pequeno val da cordilleira Litoral, orientado ao mar. Limita cos municipios de Teià ao oeste, Vilassar de Dalt ao leste e Premià de Mar ao sur. Os núcleos de poboación máis importantes próximos son Mataró, como capital da comarca, e Barcelona.
Calcúlase que o primeiro antecedente histórico do que hoxe é Premià de Dalt data de finais do século V aC e foi un poboado fundado polos laietanos. Actualmente consérvanse restos dun poboado ibérico no Turó da Cadira del Bisbe que data dos séculos V e I aC
Máis adiante os romanos estableceron unha vila, a Vila Primiliana, da cal deriva o nome actual de Premià. Ata o século XIII a vila era coñecida como Santa Anastasia, a partir de entón foi coñecida como Sant Pere de Premià. A principios dos anos 80 do século XX cambiouse de nome oficialmente a Premià de Dalt.
A actual vila de Premià de Dalt non ocupa todo o territorio que anteriormente abarcaba, anteriormente o municipio chegaba ata o mar, pero en 1836 o seu barrio marítimo se segregó, formando o que hoxe é Premià de Mar.
A partir dos anos 60 do século XX Premià de Dalt empezou a sufrir o cambio máis importante da súa historia coa construción de residencias de veraneo, esta construción segue hoxe día pero xa non enfocada a casas de verán senón a residencias para persoas que viven en Premià pero traballan en Barcelona.
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2006 |
---|---|---|---|---|---|---|
1.199 | 1.028 | 1.134 | 3.037 | 5.209 | 8.869 | 10.064 |
As principais actividades económicas de Premià de Dalt son as relacionadas con fabricación de material de construción, outro sector importante pero en franca decadéncia é o téxtil. En agricultura especializouse no cultivo de flores e plantas ornamentais en invernadoiro.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Premià de Dalt |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.