From Wikipedia, the free encyclopedia
A praia de Poniente, tamén coñecida como praia do Nataoyo ou de Pando, é unha das tres praias urbanas coas que conta a cidade de Xixón, situada en Asturias. As outras dúas son a de San Lorenzo e a do Arbeyal mentres que o concello de Xixón conta con outras seis. É de carácter artificial e foi creada a mediados da década de 1990.
Atópase na zona oeste da cidade, na zona do barrio de Poniente, co porto deportivo como límite oriental e o barrio do Natahoyo como límite occidental. Ten unha lonxitude duns 500 metros e unha superficie duns 140.000 metros cadrados en baixamar e uns 60.000 en preamar. É moi concorrida e de fácil acceso, cunha ampla escalinata central e acceso para persoas con dificultades de mobilidade, e con presenza do equipo de salvamento en tempada estival.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.