![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/71/Army_prosthetic.jpg/640px-Army_prosthetic.jpg&w=640&q=50)
Prótese (medicina)
From Wikipedia, the free encyclopedia
En medicina, unha prótese[1] (plural: próteses; do grego antigo: πρόσθεσις),[2][3] ou un implante protésico, é un dispositivo artificial que suple, en todo ou en parte, as funcións do órgano ou extremidade perdida nas persoas que por enfermidade ou accidente non a teñen, coma os tocos ou os coxos, ou esta non é funcional. Noutras palabras, é calquera peza auto, homo, hereto ou aloplástica, así como calquera apello usado como substituto dun órgano ou parte del.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/71/Army_prosthetic.jpg/640px-Army_prosthetic.jpg)
A parte do corpo substituída pode ter sido perdida por trauma, enfermidade ou unha condición presente no nacemento (trastorno conxénito). As próteses están destinadas a restaurar as funcións normais da parte do corpo que falta[4], ou ás veces crear un efecto estético, e pódense crear a man ou con deseño asistido por ordenador.[5]