Posición do can
From Wikipedia, the free encyclopedia
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler[1] ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Aínda que non é a posición sexual máis usada, é considerada como a posición favorita polos homes, mentres que a posición de vaqueira inversa é a favorita das mulleres.[2] Entre compañeiros sexuais, a persoa na posición do can adoita ser pasiva,[3] mentres a outra persoa da parella esta activa (aínda que ás veces pode ser ao revés se a persoa en posición do can retrocede cara a súa parella detrás). Calquera membro da parella pode ser o dominante ou o membro parella submiso.[3] O compañeiro submiso na posición do can está aberto a unha variedade de actividades sexuais adicionais, e o membro activo pode penetrar a vaxina, o ano durante o sexo anal, ou estar en condicións de simplemente masaxear todo o corpo.