Popayán
cidade e concello do departamento do Cauca, Colombia From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade e concello do departamento do Cauca, Colombia From Wikipedia, the free encyclopedia
Popayán, oficialmente Asunción de Popayán, é un concello colombiano, capital do departamento do Cauca. Atópase localizado no val de Pubenza, entre a Cordilleira Occidental e Central ó suroeste do país. A súa extensión territorial é de 512 km²,[1] a súa altitude media é de 1760 m sobre o nivel do mar, a súa precipitación media anual de 1.941 mm, a súa temperatura media de 14/19 °C e distancia aproximada de 600 km a Bogotá, capital de Colombia. Ten unha poboación de 284 949 habitantes (2018).[2] É unha das cidades máis antigas e mellor conservadas de América, o que se ve reflectido na súa arquitectura e tradicións relixiosas, recoñecida pola súa arquitectura colonial e o coidado das fachadas. Popayán ten un dos meirandes Centros Históricos Coloniais do país e de América, cun total aproximado de 236 mazás de sector histórico.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Cauca | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 300.837 (2018) (587,57 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 512 km² | ||||
Altitude | 1.760 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Sebastián de Belalcázar | ||||
Creación | 1537 (Gregoriano) | ||||
Organización política | |||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2005–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 190001–190019 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | popayan-cauca.gov.co |
No 2005, a UNESCO designou á cidade de Popayán como Cidade UNESCO da Gastronomía pola súa variedade e significado para o patrimonio intanxible dos colombianos. A cociña caucana foi escollida por manter os seus métodos tradicionais de preparación a través da tradición oral. O 28 de setembro de 2009 as Procesións de Semana Santa de Popayán foron declaradas pola UNESCO como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.