Ponte do Forth
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Ponte do Forth[1] é unha ponte de tipo beiril para o ferrocarril que atravesa o Estuario de Forth no leste de Escocia, 14 km. ao oeste do centro de Edimburgo. Terminado en 1890, considérase un símbolo de Escocia (votado como a maior marabilla feita polo home en Escocia en 2016) é Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[2] Deseñado polos enxeñeiros ingleses Sir John Fowler e Sir Benjamin Baker.[3] Ás veces denomínase Forth Rail Bridge (para distinguilo da adxacente Forth Road Bridge), aínda que este non é o seu nome oficial.
Ponte do Forth | |
---|---|
Ponte do Forrth | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Reino Unido |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, IV |
Inscrición | 2015 (XXXIX sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1485 |
A construción da ponte comezou en 1882 e inaugurouse o 4 de marzo de 1890 polo duque de Rothesay, o futuro Eduardo VII. A ponte leva a liña Edimburgo-Aberdeen a través do Forth entre as aldeas de South Queensferry e North Queensferry e ten unha lonxitude total de 2467 m.. Cando se abriu tiña o vano máis longo de ponte en beiril do mundo, ata 1919 cando se completou a Ponte de Quebec no Canadá. Continúa sendo o segundo tramo en beiril máis longo do mundo, cun tramo de 521 m..
A ponte e a súa infraestrutura ferroviaria asociada son propiedade de Network Rail.[4]
O 5 de xullo de 2015, foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO:[5][6]
Esta ponte de ménsula de varios tramos, que estendese por Escocia sobre o estuario do río Forth, é a máis longa deste tipo do mundo. Abriuse ao tráfico ferroviario en 1890 e aínda hoxe se usa para o transporte de pasaxeiros e mercadorías en tren. A súa característica estética industrial é o resultado da sinxeleza e pureza dos seus compoñentes estruturais. O deseño e construción desta ponte, innovadora nos seus materiais, estilo e amplitude, supuxo un fito importante no momento en que o ferrocarril se consolidou como medio de transporte terrestre de longa distancia de viaxeiros e mercadorías.Descrición no sitio oficial da Unesco[7]