From Wikipedia, the free encyclopedia
Os tártaros[14] (en tártaro Татарлар Tatarlar) é un nome colectivo que se aplica aos pobos turcos da Europa Oriental e Siberia. O nome deriva de Ta-ta ou Dada, unha tribo de orixe mongol que habitaban no noroeste da actual Mongolia no século V.
Pobo tártaro | |
---|---|
Dona tártara, s. XVIII | |
Poboación | |
Poboación total: 6 755 000 [1] | |
Rexións principais: | |
Rusia | 5 310 649 (2010)[2] |
Kirguizistán | 28 656 (2012)[3] |
Casaquistán | 203 371 (2012)[4] |
Ucraína | 73 304 [5] |
Turquía | n/d |
Finlandia | n/d |
Estonia | 2 582 [6] |
Polonia | 447 [7] |
Belarús | 10 146 [8] |
Acerbaixán | 25 900 [9] |
Bulgaria | 40000 |
Romanía | 23 935 [10] |
Canadá | 2 300 [11] |
China | 4 890 [12] |
Taxiquistán | 18 939 (2000)[13] |
Letonia | 3 235 |
Uzbekistán | 275 400 |
Aspectos culturais | |
Lingua | tártaro, ruso e outras linguas na diáspora |
Relixión | Islam predominantemente sunnitas, con minorías cristiás |
Grupos relacionados | Outros pobos turcos |
Utilizose por primeira vez para describir aos pobos que dominaron partes de Asia e Europa baixo o liderado mongol no século XIII. Estendeuse o uso despois para incluír a case calquera invasor nómade de orixe asiática, tanto de Mongolia como do occidente de Asia.
Antes da década de 1920, os rusos utilizaban a palabra Tatar para designar a numerosos pobos, desde os turcos azeríes ás tribos de Siberia. Na actualidade, a maior parte dos tártaros viven no centro e o sur de Rusia (a maioría en Tatarstán).
A finais do século XX supoñían máis de 10 millóns de individuos. Unha boa parte dos tártaros son musulmáns sunníes pero tamén hai tártaros cristiáns ortodoxos.
O dominio ruso supuxo —en boa parte— a súa asimilación e rusificación.
Un paso importante para restablecer o réxime estatal do polo tártaro foi a proclamación da autonomía en 1920. O 30 de agosto de 1990 foi aprobada a Declaración da soberanía estatal da República de Tatarstán.
O nome de tártaros, dado aos invasores, estendeuse posteriormente para ser aplicado a outros membros da mesma póla turca en Rusia, incluso até o punto de que a maioría dos habitantes da meseta de Asia quedou definida baixo o nome xenérico de Tartaria. Este nome case desapareceu da literatura xeográfica, pero permanece o nome de tártaros no sentido limitado ao que se aludiu máis arriba.
Os actuais habitantes tártaros de Eurasia forman tres grandes grupos:
Debido á magnitude das migracións e mesturas entre diferentes pobos e á laxa utilización do adxectivo "tártaro", na actualidader cóntanse como tártaros xentes que van desde o aspecto mongoloide nun extremo até o caucasoide no outro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.