From Wikipedia, the free encyclopedia
Os mohave[3] (en mohave: Aha Makhav) son un pobo de nativos americanos de Arizona que habitan a carón do río Colorado e o deserto de Mohave. Están divididos en dúas reservas, a reserva india Fort Mojave, que inclúe territorio entre os estados de California, Arizona e Nevada, e a das Tribos indias do río Colorado, que tamén conta con membros dos pobos chemehuevi, hopi e navajo.
Pobo mohave | |
---|---|
Mosa, rapaza mohave en 1903, fotografada por Edward Curtis. | |
Poboación | |
Poboación total: 2 000 (Golla, 2007)[1] - 967 (1990)[2] | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | Arizona |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua mohave e inglés[1] |
Relixión | Relixión tribal tradicional |
Grupos relacionados | Havasupai, hualapai, yavapai e maricopa |
As reservas orixinais do río Colorado e de Fort Mojave foron estabelecidas en 1865 e 1870, respectivamente.
A lingua mohave pertence á póla do río da familia das linguas yuma. En 1994, arredor de 75 persoas das reservas falaban a lingua, de acordo coa lingüista Leanne Hinton. A tribo ten publicado materiais escritos, e existen renovados esforzos por ensinar a lingua ós nenos.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.