As Plantago, son un xénero de plantas con flores pertencente á familia Plantaginaceae e composto de arredor de 200 especies. A maioría son plantas herbáceas, aínda que hai arbustos que acadan os 60 cm de altura. As follas son sésiles (sentadas), e polo tanto o seu pecíolo é un pseudopecíolo. Teñen 3 ou 5 veas paralelas. As follas son largas ou estreitas, segundo a especie. A inflorescencia son os talos típicos con 5-40 cm de altura, coas flores miudiñas e moi numerosas que son polinizadas polo vento.
Máis información Clasificación científica, Subxéneros ...
Pechar
O nome xenérico Plantago vén do latín plantāgo, -ĭnis, que evolucionou ao galego en chantaxe. Existen as seguintes variantes dialectais: chanta, chantasia, chantán, chante, chantaxa.[1] As diferentes especies reciben ademais numerosos nomes vulgares. Outros nomes comúns son: tentén, lantaxe.[2]
Comúns en Galiza
- Chantaxe maior, a herba Plantago major, correola, lingua de vaca.[3][4]
- Chantaxe lanceolada, a herba Plantago lanceolata, lingua de ovella; correola.[5] Outros nomes comúns: herba leiteira, cinco en vea, sete costas e porroá.[2]
- Chantaxe de mar, a herba Plantago maritima.[2]
- Herba estrela, a herba Plantago coronopus, herba estrela, herba estrelada , estrelamar.[6], acianos[7] Outros nomes son: diabella, herba vella, nigavella,; negavella, lingua de ovella.[8]
- Lingua de cordeiro, a herba Plantago media.
- Zaragatona, as herbas:
- Plantago psyllium, zaragatoa.[9]
- Plantago afra L.,
- Plantago arenaria Waldst. et Kit.[2]
A planta chamada chantaxe de auga, non pertence a este xénero, senón que o seu nome científico é: Alisma plantago-aquatica, alisma, chantaxe acuática.[7]
Listaxe xeral
Hai arredor de 200 especies de Plantago, incluídas:
- Plantago afra
- Plantago africana
- Plantago aitchisonii
- Plantago albicans
- Plantago alpina
- Plantago arborescens
- Plantago arenaria
- Plantago argentea
- Plantago asiatica
- Plantago aucklandica
- Plantago australis
- Plantago bigelovii
- Plantago bismarckii
- Plantago canescens
- Plantago coreana
- Plantago cordata
- Plantago coronopus
- Plantago cornuti
- Plantago cynops
- Plantago eripoda
- Plantago elongata
- Plantago erosa
- Plantago fernandezia
- Plantago fischeri
- Plantago gentianoides
|
- Plantago glabrifolia
- Plantago grayana
- Plantago hawaiiensis
- Plantago hedleyi
- Plantago heterophylla
- Plantago hillebrandii
- Plantago himalaica
- Plantago holosteum
- Plantago incisa
- Plantago krajinai
- Plantago lagopus
- Plantago lanceolata
- Plantago lanigera
- Plantago longissima
- Plantago macrocarpa
- Plantago macrorrhiza
- Plantago major
- Plantago maritima
- Plantago maxima
- Plantago media
- Plantago melanochrous
- Plantago musicola
- Plantago nivalis
- Plantago obconica
- Plantago ovata
- Plantago pachyphylla
|
- Plantago palmata
- Plantago patagonica
- Plantago polysperma
- Plantago principes
- Plantago pusilla
- Plantago psyllium
- Plantago raoulii
- Plantago rapensis
- Plantago remota
- Plantago reniformis
- Plantago robusta
- Plantago rugelii
- Plantago rupicola
- Plantago schneideri
- Plantago sempervirens
- Plantago sparsiflora
- Plantago subulata
- Plantago spathulata
- Plantago tanalensis
- Plantago taqueti
- Plantago tenuiflora
- Plantago triandra
- Plantago triantha
- Plantago tweedyi
|
Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Diccionario Cumio da lingua galega. Vigo, Ed. do Cumio, 1999
Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004. "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
Aníbal Otero Álvarez (1961): Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés, CEG IL, pp. 160-175
Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar
Bibliografía
- Albach, D. C., Meudt, H. M. & Oxelman, B. 2005. Piecing together the "new" Plantaginaceae. American Journal of Botany 92: 297-315 Arquivado 26 de xuño de 2010 en Wayback Machine..
- Olmstead, R. G., dePamphilis, C. W., Wolfe, A. D., Young, N. D., Elisons, W. J. & Reeves P. A. 2001. Disintegration of the Scrophulariaceae. American Journal of Botany 88: 348-361 - on line here Arquivado 26 de xuño de 2010 en Wayback Machine..
- Olmstead, R. G. 2003. Whatever happened to the Scrophulariaceae? Fremontia 30: 13-22 (available online here Arquivado 22 de febreiro de 2005 en Wayback Machine.).
- Oxelman, B.; Kornhall, P.; Olmstead, R.G.; Bremer, B. 2005. Further disintegration of the Scrophulariaceae. Taxon 54(2): 411-425.
- Rahmanzadeh, R., K. Müller, E. Fischer, D. Bartels & T. Borsch. 2005. The Linderniaceae and Gratiolaceae are further lineages distinct from the Scrophulariaceae (Lamiales). Pl. Biol. ( Stuttgart) 7: 67-78.