Un plano é a representación en dúas dimensións dunha realidade métrica plana, na que non se ten en conta a curvatura da terra. A ciencia da elaboración de planos é a planimetría.

Diferenza entre plano e mapa

És un erro común o confundir o termo plano co de mapa, pensando que a diferenza entre estes dous é a diferenza da escala, utilizando a palabra plano para referirse á representación de espazos pequenos (cidades, barrios, edificios, pisos). Porén, a diferenza entre plano e mapa é fundamentalmente que no segundo tense en conta ao representar a deformación producida pola curvatura da terra. A ciencia que se ocupa de elaborar os mapas é a cartografía.

Uso dos planos

Tecnicamente, son documentos que definen as formas e medidas de obxectos, coa finalidade de poder construílos ou informar a quen cumpra as características que teñen. Os planos debúxanse sempre a escala, xa que se pretende dar unha imaxe fiel e proporcionada do obxecto que representan.

O sistema máis empregado na realización de planos é o da vista ortogonal, tamén coñecido como sistema diédrico. Consiste en proxectar o obxecto sobre planos que forman un diedro: son tres planos cun posicionamento entre si de 90º.

Desta forma, a vista que corresponde á proxección do obxecto sobre un plano vertical chámase alzado. Porén, a que se corresponde cunha proxección sobre plano horizontal denomínase planta. Por último, a vista que se proxecta sobre o plano vertical lateral recibe o nome de perfil.

Estas tres vistas clásicas compleméntanse con:

  • as seccións, que son representacións imaxinarias que se fan e debuxan para amosar interiores dos obxectos e que poden non quedar definidos.
  • os detalles, que como o seu nome indica, definen nunha escala de maior precisión unha parte dun elemento.
  • os símbolos de uso común (estandarizados), que se utilizan para definir cuestións tales que
    • a dureza do material.
    • o tipo de acabado das superficies.
    • a precisión nas medidas.
    • direccións.
    • outros temas.
  • as anotacións dos planos, que representan numericamente o valor do elemento que indican. En planos de pezas mecánicas, as unidades figuran sempre en milímetros (mm).

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.