From Wikipedia, the free encyclopedia
O grupo PVC na clasificación máis común das bacterias é un clado con nivel de superfilo, que comprende os filos Planctomycetes, Verrucomicrobia e Chlamydiae (de onde se orixinan as súas siglas), xunto con Lentisphaerae e o filo candidato OP3 e as Poribacteria (estas últimas discutidas). Na clasificación de Cavalier-Smith o grupo denomínase Planctobacteria, con algunha diferenza na súa composición.
Grupo PVC | |||||
---|---|---|---|---|---|
Chlamydia trachomatis | |||||
Clasificación científica | |||||
| |||||
Filos | |||||
Sinonimia | |||||
Planctobacteria |
Para Cavalier-Smith as Planctobacteria son unha división (equivalente a filo).[1] Esta clasificación de Cavalier-Smith non é moi seguida pola xeneralidade da comunidade científica.[2] Cavalier-Smith postulou que as Planctobacteria probablemente perderan ou reduciran as súas paredes celulares de peptidoglicano dúas veces.[3] Na megaclasificación de Cavalier-Smith, as Planctobacteria están dentro do infrarreino Gracilicutes e comprenden as clases: Chlamydiae, Lentisphaerae, Planctomycetes e Verrucomicrobia.[3][4] Estas clases nas outras clasificacións teñen categoría de filo.[5]
Velaquí un cladograma do superfilo PVC:[5][6][7]
Grupo PVC |
| ||||||||||||||||||||||||||||||
O establecemento do superfilo PVC apóiase nos exames da proteína ARN polimerase RpoB das bacterias dos distintos grupos.[8] Esta proteína ten 3 aminoácidos característicos inseridos na polimerase de todas as especies secuenciadas de Chlamydiae, Lentisphaerae e Verrucomicrobia. Ademais, unha proteína conservada de función descoñecida está presente en todas as especies secuenciadas dos filos Chlamydiae, Lentisphaerae, Planctomycetes e Verrucomicrobia, pero está ausente en Poribacteria.
Atopáronse outras probas adicionais da existencia deste clado.[5][9] Entre elas a presenza de proteínas de tipo de recubrimento de membrana, de tubulina, síntese de esterol e a presenza de ADN condensado.
Estudos de proteínas adicionais deste superfilo proposto suxiren que as Poribacteria poderían estar separadas deste clado.[8] As Planctomycetes poden ser basais con respecto ao clado Chlamydiae-Verrucomicrobia-Lentisphaerae.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.