From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos pilosos (Pilosa) é unha orde de mamíferos placentarios, unha das dúas que integran a superorde dos xenartros,[1] que inclúe os osos formigueiros e os preguiceiros, animais que, na actualidade, existen unicamente no continente americano.
Pilosos Pilosa Rango fósil: paleoceno – actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Preguiceiro de dous dedos de Hoffmann (Choloepus hoffmanni) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Subordes | |||||||||||||||||||||
A orixe da orde se remóntase a principios do terciario, hai ao redor de 60 millóns de anos, pouco tempo despois da extinción dos dinosauros.
Até hai poucos anos este grupo considerábase unha suborde da orde dos Xenarthra, que na actualidade foi elevada ao rango de superorde.
Porén, están emparentados cos armadillos, que hoxe se consideran formando unha orde, a dos Cingulata, dentro dos xenartros, aínda que os pilosos modernos están moi especializados e superficialmente parécense moi pouco aos armadillos.
A orde foi descrita en 1883 polo zoólogo británico, especializado en anatomía comparada, William Henry Flower.
O grupo foi revisado en 1985 por Wetzel e Kraft, independentemente, como parte dos Xenarthra; antigamente incluídos nos Xenarthra, grupo que foi elevado á catergoría de magnorde por McKenna e Bell en 1997,[1][2] aínda que a maioría dos autores os considera como unha superorde.
Ademais de polo nome de Pilosa, a orde foi coñecida tamén polo sinónimo Edentata Vicq-d'Azyr, 1792.[1]
O nome científico Pilosa é o nominativo plural do adxectivo do latín pilōsum, -a, -um, "peludo", "viloso".
A orde dos Pilosa subdivídese en dúas subordes, Folivora e Vermilingua,[1] que comprende as familias, xéneros e especies seguintes (só se inclúen os taxons actuais):
Orde Pilosa Flower, 1883
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.