política española From Wikipedia, the free encyclopedia
Pilar Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nada en Madrid o 4 de novembro de 1907 e finada ibídem o 17 de marzo de 1991, foi a fundadora e dirixente da Sección Femenina da Falange.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Filla do ditador Miguel Primo de Rivera e de Casilda Sáenz de Heredia, súa nai morreu en 1909 e Pilar e os seus cinco irmáns, entre eles José Antonio Primo de Rivera (futuro fundador da Falange Española) foron criados pola súa avoa e dúas tías. Fortemente ligada ao seu irmán José Antonio ao fundar a Falange, Pilar ingresou na sección estudantil, o SEU, e en xuño de 1934 creouse a Sección Femenina da Falange converténdose Pilar na súa primeira xefa nacional.
Pasou o comezo da guerra civil española agochada en Madrid ata que se refuxiou na embaixada arxentina e logrou escapar á zona franquista. Fixou a súa residencia en Salamanca xa convertida nunha autoridade moral entre o movemento falanxista tras a morte de José Antonio. Reticente con algunhas medidas franquistas propuxo que a bandeira e o himno falanxistas se convertesen nos símbolos oficiais de España pero mantivo unha postura ambigua cando Franco unificou os movementos falanxista e carlista na Falange Española Tradicionalista y de las JONS aceptando ao fin un posto no Consello Nacional do novo partido. Franco nomeouna condesa do Castelo de La Mota en 1960. Procuradora en Cortes, abstívose na votación sobre a Lei de Reforma Política de 1976.
Na primavera de 1977 un decreto lei do goberno de Adolfo Suárez cesouna como delegada nacional da Sección Feminina. O goberno comunicoulle o seu cesamento cunha notificación que incluía un sinxelo «Grazas, Pilar». Uns meses máis tarde, en novembro de 1977, as veteranas da Sección Feminina constituíron unha asociación de antigas militantes chamada «Nova Andaina». Primo de Rivera foi elixida presidenta de honra, cargo honorífico que mantivo até o seu falecemento.
Retirada da vida pública, publicou as súas memorias en 1983. Faleceu o 17 de marzo de 1991 en Madrid.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilar Primo de Rivera |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.