From Wikipedia, the free encyclopedia
Pietro d'Abano, nado contra 1250 e finado contra 1316, foi un filósofo e médico natural de Abano Terme, famoso pola súa obra Conciliator Differentiarum, quœ inter Philosophos et Medicos Versantur. Acusado de herexía e ateísmo pola Inquisición, morreu na cadea en Padua antes de rematar o seu xuízo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1250 Abano Terme |
Morte | 1316 (65/66 anos) Roma |
Causa da morte | suicidio |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo , astrólogo , catedrático , médico , astrónomo |
Empregador | Universidade de Padua |
Movemento | School of Padua (en) |
Alumnos | Gentile da Foligno |
Lingua | Latín medieval e Medieval Italian (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Estudou medicina en Padua e despois viaxou a Constantinopla[1], onde aprendeu grego, no Conciliator mesmo menciona o seu trato con Marco Polo[2], viviu en París despois de 1290, onde estudou e quizais tamén ensinou, acusado polos dominicos de hexería[3] foi a xuízo pero grazas á intervención do Papa[4] quedou libre. En 1306 ou 1307 volveu a Padua para ensinar filosofía e medicina na súa universidade, pouco despois de chegar os dominicos levárono a xuízo por herexía, e de novo en 1315 aínda que morreu antes do remate do xuízo.
Nos 210 differenciae do Conciliator Differentiarum, quœ inter Philosophos et Medicos Versantur (1303 e 1310), amosa os seus diversos intereses pola filosofía da natureza, divide a medicina entre a teoría e a práctica e afirma que o papel do médico é ser un ministro dunha natureza que se pode explicar racionalmente. En Expositio Problematum Aristotelis (1310) tradución e comentario dos Problemas de Aristóteles, un texto pseudoaristoteliano sobre unha gran variedade de temas que Abano agrupa en 38 particulae e amosa o seu escepticismo polo sobrenatural e polas supersticións populares.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.