pico dos Pireneos From Wikipedia, the free encyclopedia
O pico Cilindro, tamén chamado Marboré ou Cilindro de Marboré, é un pico de 3.328 m de altura do macizo de Monte Perdido, dentro da cordilleira dos Pireneos e que se sitúa integramente en España (Val de Ordesa), pero moi preto da fronteira con Francia (Circo de Gavarnie) coa que limita o pico Marboré, estando incluído no español Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido e próximo ao Parque Nacional dos Pireneos. Dentro do macizo de Monte Perdido, os tres cumes maiores coñécense como as Tres Sorores ou Treserols, das que o Pico Cilindro (3.328 m) é a máis noroccidental e seguen o propio Monte Perdido (3.355 m) e o pico Soum de Ramond (3.263 m).
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Monte Perdido Massif (en) | |||
Localizado na área protexida | Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido | |||
Localización | ||||
División administrativa | Fanlo, España e Bielsa, España | |||
| ||||
Cordilleira | Pireneos | |||
Características | ||||
Altitude | 3.328 m | |||
Prominencia topográfica | 251 m | |||
Illamento topográfico | 1,345 km | |||
Material usado | Arenita | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
primeira ascensión | ||||
1864 | punto no tempo | |||
O seu nome débese á impresionante cara Norte, unha parede vertical redondeada cunha forma que recorda a un cilindro xeométrico e o seu sobrenome débese a que a mesma cara Norte domina o circo glaciar de Marboré, onde se acha o Ibón de Marboré.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.