Pico Almanzor
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O pico Almanzor, tamén coñecido como Plaza del Moro Almanzor, é unha montaña do centro da Península Ibérica, o cumio máis alto da serra de Gredos e de todo o Sistema Central, con 2592 msnm de altitude e unha prominencia de 1690 m. Está considerada un «pico ultraprominente», categoría que inclúe ás montañas cunha prominencia maior de 1500 m.
(es) Pico Almanzor | ||||
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | provincia de Ávila, España | |||
| ||||
Cordilleira | Serra de Gredos | |||
Características | ||||
Altitude | 2.591 m | |||
Prominencia topográfica | 1.689 m | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
setembro de 1899 | primeira ascensión | |||
Localízase na provincia castelán-leonesa de Ávila, España. O seu cumio forma parte da divisoria entre os municipios de Zapardiel de la Ribera e Candeleda.
O Almanzor é un pico moi pouco erosionado, de formación granítica, levantado durante a oroxenia alpina. Pertence ao chamado Circo de Gredos e o seu ámbito é hábitat dunha subespecie da píntega común, Salamandra salamandra almanzoris, que toma o seu nome do pico e que é endémica duns poucos vales glaciares da serra.
O seu nome provén de Almanzor, líder militar e relixioso durante o Califato de Córdoba. A lenda conta que Almanzor foi o primeiro en subir a este pico.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pico Almanzor |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.