xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Phalanger é un xénero de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, que é o tipo da familia dos falanxéridos.[1]
Phalanger Falanxeros e cuscús | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Phalanger gymnotis | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||||||||
Didelphis orientalis Pallas, 1766 | |||||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Comprende un total de 13 especies, coñecidas na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de falanxeiros e cuscuses.
Falanxeros e cuscús teñen un corpo repoludo cuberto por unha pelaxe grosa e laúda. A súa coloración é moi variábel, e segundo as especies pode ser branca, avermellada ou negra. Teñen un fociño curto, as orellas pequenas, ás veces invisíbeis ocultas pola pelaxe, e unha longa cola prénsil e desprovista de pelo no seu extremo para facilitar a prensión. A lonxitude da cabeza e tronco oscila entre os 32 aos 60 cm, sendo a da cola máis longa. O seu peso oscila entre 1 e 7 kg.
Viven nas Molucas, en Nova Guinea, nas illas Salomón e na península de Cabo York, no extremo nororiental de Australia. Habitan en bosques pluviais, con musgos, e en bosques de eucaliptos, en zonas temperadas, secas e alpinas.
Os falanxéridos son aniamis solitarios, arborícolas, que só moi raramente descenden até o solo. Coa súa cola prénsil e os dous polgares opñíbeis das patas dianteiras, adáptanse perfectamente ao seu hábitat, os bosques tropicais. Pasan o día durmindo en árboles con ocos ou entre as follas, saíndo dos seu agochos pola noite para iren buscar o seu alimento, con movementos lentos e cautelosos.
Aliméntanse sobre todo de froitos e follas, pero de cando en vez poden comer tamén insectoss e outros pequenos artrópodos e ovos de paxaros.
Despois dun breve período de xestación (apenas de dúas semanas) as femias paren dunha a tres crías, pero xeralmente só unha supervive, aínda que a femia está equipada con catro mamilas.
A cría abandona o marsupio despois duns meses. Poden vivir até 11 anos.
A xénero foi descrito en 1780 polo médico e naturalista alemán Gottlieb Conrad Christian Storr, na páxina 38 da súa obra Prodromus Methodi Mammalium. Litteris, Reissianis, Tübingen, pp. 1–43, establecendo como especie tipo Didelphis orientalis Pallas, 1766.[1][2]
o nome científico do xénero, Phalanger, deriva do grego antigo φάλαγξ phálanx, 'araña', en referencia aos dedos segundo e terceiro, unidos, dos pés traseiros, coa adición da desinencia do latín científico -er.[3]
O nome falanxero é unha variante de falanxérido, nome de cada un dos membros da familia dos falanxéridos, segundo o Gran dicionario Xerais da lingua,[4] unha forma máis próxima ao latín Phalanger.
A palabra cuscú ten unha orixe algo escura, pero a maioría dos etimoloxistas cren que deriva dunha voz dos aborixes das Molucas ou da Nova Guinea. En Europa comezou a usarse a mediados do século XVII, como en francés, couscous, ou en alemán, baixo a forma Koeskoes.[5][6] (Hoxe en alemán o seu nome é Kuscus).
O termo entrou no latín científico a finais do XVIII e principos do XIX, como nome de dous de xéneros (sinónimos de Phalanger), Coescoes, descrito en 1799 por Lacépède, e Cuscus, descrito en 1826 por Lesson,[7] que probabelmente derivaron estes nomes do alemán ou do francés, respectivamente.
Ademais de polo nome orixinal que lle adxudicou Storr, e que é o actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
As especies e subespecies comprendidas polo xénero difiren segundo as autoridades.
— Segundo o Mammals Species of the World (Consultado o 19-05-2016):[1]
Xénero Phalanger Storr, 1780
— Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (Consultado o 19-05-2016):[8]
Xénero Phalanger Storr, 1780
— Segundo o National Center for Biotechnology Information (Consultado o 19-05-2016):[9]
Xénero Phalanger
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.