![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1a/D%25C3%25BCrer_-_Man_Drawing_a_Lute.jpg/640px-D%25C3%25BCrer_-_Man_Drawing_a_Lute.jpg&w=640&q=50)
Perspectiva (gráfica)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A perspectiva é un campo de estudo da xeometría e, en particular, da xeometría proxectiva na que aparecen relacionadas as matemáticas e maila arte. As súas aplicacións esténdense á arte, arquitectura, deseño, enxeñería etc. É unha ciencia que abarca os métodos de representación dos obxectos nos seus tamaños e posicións "correctos", tal e como se supón que os entendería un observador de visión humana. A perspectiva subdivídese en varias modalidades: cónica, isométrica, cabaleira, militar, entre outras, e foi desenvolvida por artistas e xeómetras na transición da Idade Media ao Renacemento, na súa estrita forma de comprensión.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1a/D%C3%BCrer_-_Man_Drawing_a_Lute.jpg/640px-D%C3%BCrer_-_Man_Drawing_a_Lute.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3b/Esquema-perspectiva.png/640px-Esquema-perspectiva.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8c/Haeuserreihe.svg/320px-Haeuserreihe.svg.png)
Segundo Thomas E. French e Charles J. Vierck, da Universidade da Florida, existían, na práctica, até o final da década de 1990, tres tipos de perspectiva: axonométrica (isométrica, dimétrica e trimétrica), oblicua (en múltiples variantes segundo o ángulo) e os exactos (tamén clasificados como centrais, que son compostos por un ou máis puntos de fuga).[2]