Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón
filme de 1980 dirixido por Pedro Almodóvar / From Wikipedia, the free encyclopedia
Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón é a primeira longametraxe do cineasta español Pedro Almodóvar. Rodada en 16 milímetros, estréase no 1980 nos cines comerciais. Película cun argumentro fresco, corrosivo e feita cun gran sentido do humor e imaxinación, tendo en conta que está ambientada no Madrid da Movida. Entre o elenco deste filme destacan unha das grandes musas interpretativas do director manchego, Carmen Maura, coa que seguirá a colaborar nos seus vindeiros proxectos, e unha novísima Alaska (Olvido Gara), cantante aínda en activo actualmente e que contaba con tan só 15 anos no rodaxe da película.