Península de Huon
península na provincia de Morobe, Papúa Nova Guinea From Wikipedia, the free encyclopedia
península na provincia de Morobe, Papúa Nova Guinea From Wikipedia, the free encyclopedia
A península de Huon é unha gran península localizada no extremo oriental da illa de Nova Guinea. Administrativamente pertence á provincia de Morobe de Papúa Nova Guinea.[1]
Tipo | península | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Jean-Michel Huon de Kermadec (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Morobe, Papúa Nova Guinea | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Salomón | |||
Características | ||||
Superficie | 5.680 km² | |||
Foi clasificada polo Fondo Mundial para a Natureza como unha ecorrexión (Bosque chuvioso da península de Huon, AA0107).[2]
Ten 89 km de longo. Encóntrase rodeada polo mar de Bismarck ao norte, o mar de Salomón ao leste, o golfo de Huon ao sur e o río Markham ao oeste.[3] Na península encóntrase a cordilleira Saruwaged, que se eleva a máis de 4 000 m.[3]
Foi nomeada en honor ao navegante francés Jean-Michel Huon de Kermadec, capitán da fragata L'Espérance, que era o segundo ao mando da expedición comandada por Bruni d'Entrecasteaux, á fronte da nave La Recherche que, entre 1791 e 1793 intentou encontrar a expedición perdida de La Pérouse.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.