From Wikipedia, the free encyclopedia
Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, nado na Coruña o 19 de xuño de 1524 e finado en Madrid o 21 de agosto de 1590, foi o V conde de Lemos e un dos aristócratas máis importantes do reino de Galiza durante o século XVI.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pedro Fernández de Castro-Andrade e Portugal 19 de xuño de 1524 (Gregoriano) A Coruña |
Morte | 21 de agosto de 1590 (66 anos) Madrid |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Coroa de Castela España |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Lingua | Lingua castelá |
Outro | |
Título | Conde Conde de Lemos |
Fillos | Fernando Ruiz de Castro Andrade y Portugal (en) |
Pais | Fernando Ruiz de Castro y Portugal (en) e Tareixa de Andrade e Ulloa |
Era o fillo primoxénito de Fernando Ruiz de Castro Osorio e Portugal, ao que sucedeu en 1575, e da súa esposa Tareixa de Andrade, primoxénita de Fernando de Andrade, II Conde de Vilalba e I Conde de Andrade. Ostentou os títulos de V Conde de Lemos, II Marqués de Sarria, III conde de Vilalba e II conde de Andrade. Na súa persoa fusiónanse as Casas de Andrade e Lemos
Tivo varios fillos, entre eles Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal.
Criado na corte do emperador Carlos V prestou grandes servizos militares a Filipe II durante a guerra con Portugal. Faleceu repentinamente aos 66 anos de idade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.