![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8a/Westfaelischer_Friede_in_Muenster_%2528Gerard_Terborch_1648%2529.jpg/640px-Westfaelischer_Friede_in_Muenster_%2528Gerard_Terborch_1648%2529.jpg&w=640&q=50)
Paz de Westfalia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo de Paz de Westfalia refírese aos dous tratados de paz de Osnabrück e Münster, asinados o 15 de maio e 24 de outubro de 1648, respectivamente, este último na Sala da Paz do Concello de Münster, na rexión histórica de Westfalia, polos cales finalizou a guerra dos Trinta Anos en Alemaña e a guerra dos Oitenta Anos entre España e os Países Baixos. Nestes tratados participaron o emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, Fernando III (Habsburgo), os Reinos de España, Francia e Suecia, Provincias Unidas e os seus respectivos aliados entre os príncipes do Sacro Imperio Romano Xermánico.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Paz de Westfalia deu lugar a partir do primeiro congreso diplomático moderno e iniciou unha nova orde no centro de Europa baseado no concepto de soberanía nacional. Até 1806, os regulamentos pasaron a formar parte das leis constitucionais do Sacro Imperio Romano. O Tratado dos Pireneos, asinado en 1659, puxo fin á guerra entre Francia e España e é a miúdo considerada como parte do acordo global.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8a/Westfaelischer_Friede_in_Muenster_%28Gerard_Terborch_1648%29.jpg/640px-Westfaelischer_Friede_in_Muenster_%28Gerard_Terborch_1648%29.jpg)