Paxá
título dos altos mandos civís e militares no Imperio Otomán / From Wikipedia, the free encyclopedia
Paxá ou baxá (en turco, paşa; en árabe, باشا bāšā) é un título orixinalmente usado no Imperio Otomán que se aplicaba a homes que ostentaban algún mando superior no exército ou nalgunha demarcación territorial.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4f/Ottoman_tui_1877_romanian_capture.jpg/640px-Ottoman_tui_1877_romanian_capture.jpg)
Habitualmente equivale a gobernador, xeneral ou almirante, segundo o contexto. Tamén se utilizaba como título honorífico, en cuxo caso equivaldería ao título inglés de sir ou outros análogos.
O goberno dun paxá, ou o territorio por el gobernado, chámase paxalato ou baxalato.