From Wikipedia, the free encyclopedia
Patsy Louis Neal, nada en Packard, Kentucky o 20 de xaneiro de 1926 e finada en Edgartown, Massachusetts o 8 de agosto de 2010, foi unha actriz estadounidense de cinema e teatro.
Creceu en Knoxville, Tennessee e estudou drama na Northwestern University, onde gañou tamén un concurso de beleza. O seu primeiro traballo como actriz foi en Broadway.
O seu debut no cinema foi en 1949. Ese mesmo ano protagonizou The Fountainhead, onde coincidiu con Gary Cooper, con quen mantivo un romance. En 1963 interveu en Hud, de Martin Ritt pola que gañou o Oscar á mellor actriz.
En 1951 Neal coñeceu o escritor británico Roald Dahl, co que casou dous anos despois. En 1965, estando embarazada sufriu tres aneurismas e estivo en coma tres semanas. Finalmente deu a luz unha nena sa. O turbulento matrimonio entre Neal e Dahl acabou en 1983.
Finou de cancro en 2010, na súa casa de Martha's Vineyard.
Ano | Filme |
---|---|
1949 | The Fountainhead |
1950 | The Breaking Point |
1951 | The Day the Earth Stood Still |
1957 | A Face in the Crowd |
1961 | Breakfast at Tiffany's |
1963 | Hud |
1965 | In Harm's Way |
1968 | The Subject Was Roses |
1979 | The Passage |
All Quiet on the Western Front | |
1999 | Cookie's Fortune |
2009 | Flying By |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.