From Wikipedia, the free encyclopedia
Un pastor, do latín pascere + tor,[1] é a persoa que coida dun rabaño de animais, para que os saca a pacer e os devolve ao refuxio. Dadas as restricións á circulación de animais, a perda de habitantes no mundo rural e a progresiva mecanización e estabulación da granxa occidental, trátase dun oficio en decadencia. Porén, nas zonas con gran peso do sector primario ou nas poboacións nómades, segue a ser unha das principais profesións, xa sexa a tempo completo ou a tempo parcial (completado coa agricultura de pequena escala, por exemplo).
A nivel mundial, a superficie de pastoreo dos animais domésticos é 2,5 veces maior que a superficie utilizada para a agricultura. A principios do século XXI, había arredor de 1.600.000.000 grandes mamíferos domésticos (principalmente gando vacún) e 2.500.000.000 pequenos mamíferos (ovellas, cabras e porcos).[2]
O pastor pode ser axudado por animais guía, como o can pastor, para manter o rabaño unido. Debe ser unha persoa cun bo coñecemento do territorio, para poder aproveitar as zonas con mellores pastos en cada estación. Por iso está culturalmente asociado á terra, á liberdade e á vida sinxela (como todos os xéneros bucólicos, especialmente a égloga e pastorela).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.