xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
As pasifloras son especies de plantas con flor pertencentes ao xénero Passiflora. As especies deste xénero adoptan principalmente a forma de liana ou de rubideira, e nalgúns casos son arbustos ou herbáceas. Os froitos adóitanse coñecer como froita da paixón (algunhas especies como maracuxás).
pasifloras (xénero Passiflora) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Passiflora pardifolia descrita en 2006 | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Unhas 500, véxase no texto | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Disemma Labill. |
Son orixinarias de gran parte do mundo, agás Europa e África (onde atopamos outros membros da familia Passifloraceae). Nove especies son orixinarias dos Estados Unidos e moitas sono de América do Sur. Tamén hainas da China, Nova Guinea eNova Zelandia.
Algunhas especies téñense naturalizado, por exemplo a pasiflora azul (Passiflora caerulea) que actualmente medra brava nalgúns lugares de España.[1] Esta especie emprégase como ornamental en Galiza e outros lugares. O maracuxá (Passiflora edulis), cultivado en gran parte do mundo, tamén pertence a este xénero.
As pasifloras teñen unha estrutura floral única e moi característica e non lle fai falla unha abella de lingua longa para seren polinizadas. As abellas carpinteiras son activas polinizadoras. Polinízana tamén abesouros, avésporas e morcegos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.