From Wikipedia, the free encyclopedia
Pasítea (ou en grego Πασιθέα), tamén coñecida coma Xúpiter XXXVIII, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2001, e recibiu a designación temporal S/2001 J 6.[1][2]
Pasítea ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,307 millóns de kms, tarda 727,933 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 166° con respecto á eclíptica (164° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,3289. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.
Recibiu oficialmente o seu nome en agosto do ano 2003, Pasítea era unha das tres Grazas, deusas do encanto, a beleza, a natureza, a creatividade humana e a fertilidade, na mitoxía grega, fillas de Zeus (Xúpiter) e Eurínome.[3] Pasítea, era máis coñecida coma Aglaia ou Aglaea, a cal era a muller de Hypnos (O Sono) e presidía as alucinacións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.