From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido Comunista Obrero Español (PCOE) é un partido comunista español formado en 1973 cando Enrique Líster deixou o PCE enfrontado co eurocomunismo de Santiago Carrillo, o seu secretario xeral. Con todo, o enfrontamento viña desde a condena do PCE á intervención soviética en Checoslovaquia en 1968. As súas mocidades están organizadas na Federación Juvenil Comunista de España. En 1986, tras a expulsión de Santiago Carrillo do PCE, Enrique Líster e a maioría dos militantes do PCOE volveron ó PCE, aínda que un sector minoritario opúxose. No ano 2000 produciuse a fusión entre o PCOE e o Partido Comunista de los Pueblos de España, pero en 2003 un grupo de militantes deixou o PCPE e refundou o PCOE.
Partido Comunista Obrero Español | |
---|---|
Tipo | partido político español |
Ideoloxía | Marxismo-leninismo, comunismo e Antirrevisionismo |
Data de fundación | 1973 |
Fundador(es) | Enrique Líster |
Sede | Sevilla |
País | España |
Na rede | |
http://www.pcoe.net | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.