Parque Nacional do Canón Bryce
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parque Nacional do Canón Bryce (en inglés: Bryce Canyon National Park) é un parque nacional dos Estados Unidos localizado no suroeste do estado de Utah. A pesar do seu nome, o canón Bryce non é propiamente un canón senón un grande anfiteatro natural formado pola erosión. Bryce destaca polas súas estruturas xeolóxicas únicas, chamadas chemineas de fadas, que se formaron pola erosión causada polo vento a auga e o xeo. O xogo de cores das rocas, vermello, laranxa e branco forman vistas espectaculares.
Bryce Canyon National Park | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque nacional | ||
Ano de constitución: | 25 de febreiro de 1928 | ||
Superficie: | 145,02 km2 | ||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | Estados Unidos | ||
Provincias: | Utah | ||
Concellos: | |||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: | |||
Bryce atópase a maior altura que o veciño parque nacional Zion e que o Gran Canón. A cota media de altitude atópase entre os 2400 e os 2700 metros. No entanto, a parte meridional atópase a 2100 metros. Debido a esta variedade de cotas, a ecoloxía e o clima varían moito dunha zona a outra, ofrecendo un espectacular contraste.
Os mormóns foron os primeiros occidentais en asentarse na zona ao redor de 1850, dándolle o nome en honra a Ebenezer Bryce, primeiro habitante da zona. A área converteuse nun monumento nacional en 1924, converténdose en parque nacional catro anos máis tarde. Ocupa unha área de 145 km². Dos tres parques nacionais de Utah, este é o menos visitado debido en gran parte á súa remota localización. O nome do parque tamén se empregou para denominar un programa informático encargado de simular en tres dimensións as paisaxes xeográficas.