Parque Nacional de Garajonay
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parque Nacional de Garajonay esténdese por unha superficie que supera o 10% da illa de La Gomera, nas Canarias. Foi declarado parque nacional en 1981. Posteriormente, en 1986, foi incluído pola Unesco entre os bens que forman parte do Patrimonio da Humanidade.
Parque Nacional de Garajonay | |
---|---|
Roque de Agando, no Parque Nacional de Garajonay | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Localización | 28°07′34″N 17°14′14″O |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, IX |
Inscrición | 1986 (10ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 380 |
A súa superficie é de 3.948 hectáreas, e o seu territorio esténdese por todos os municipios da Gomera, ocupando o centro e certas zonas do norte da illa. O terreo do parque, a miúdo envolvido nunha húmida néboa, está constituído por materiais basálticos, debidos a coadas e piroclastos, con diversos roques e fortalezas. No seu interior atópase o Monumento da esencia da flor.
- «Roque Ojila»
- «Roque de Agando»
- «Roque de La Zarcita»
O parque toma o seu nome do alto de Garajonay, a maior altura da illa con 1.487 metros. A cota mínima do parque é de 650 m, o casarío do Cedro. A súa declaración obedece a que alberga a mellor mostra coñecida no Vello Mundo de laurisilva, un bosque húmido de variadas especies de folla perenne que no Terciario cubría practicamente toda Europa. A laurisilva dáse nun réxime climático uniforme no que a variación anual da temperatura é pequena e a precipitación é relativamenche abundante, con humidade case constante debida ao mar de nubes.