Parque Arqueolóxico Nacional de Tierradentro
sitio arqueolóxico de Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parque Arqueolóxico Nacional de Tierradentro é un sitio arqueolóxico de Colombia, declarada Patrimonio da Humanidade en 1995 pola UNESCO por ser un importante reservorio da cultura precolombiana. Atópase no departamento de Cauca, nos concellos de Belalcázar e Inzá.
Parque Arqueolóxico Nacional de Tierradentro | |
---|---|
Tumbas de Tierradentro. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Colombia |
Localización | 2°34′59″N 76°01′59″O |
Tipo | Cultural |
Criterios | III |
Inscrición | 1995 (19ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 743 |
Os vestixios concéntranse nos arredores da poboación de San Andrés de Pisimbalá. As tumbas atópanse en varios sitios, sendo o máis representativo Segovia, que queda a 20 minutos a pé dos museos. O conxunto componse de El Duende, a 600 m ao nordeste de Segovia, San Andrés, situado 1500 m ao norte da sede administrativa, El Aguacate, sobre unha zona de difícil acceso e El Tablón, a 750 m ao nordeste de San Andrés de Pisimbalá. A topografía da área é abrupta, conserva vexetación primaria en pequena proporción e algúns animais silvestres. Os vestixios arqueolóxicos inclúen tumbas subterráneas ou hipoxeos, e estatuas de pedra, que dentro do parque se agrupan en cinco zonas: Alto del Aguacate, Alto de San Andrés, Loma de Segovia, Alto del Duende e El Tablón. As instalacións do parque contan cun museo arqueolóxico e un etnográfico.