Parets del Vallès
concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia
Parets del Vallès é un municipio español, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Forma parte da comarca do Vallès Oriental e está situado a 7 km de Granollers e a 23 km de Barcelona.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Vallès Oriental | ||||
Capital | Parets del Vallès (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 18.893 (2023) (2.076,15 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 25 (1515) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9,1 km² | ||||
Bañado por | Riera de Tenes (pt) | ||||
Altitude | 98 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francisco Juzgado Molla (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08150 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08159 | ||||
Código territorial IDESCAT | 081593 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | parets.cat |
A primeira referencia histórica a este municipio é do ano 878, pero a primeira vez que se utiliza o nome de Parets é o 904 (vila Pariet). O nome actual provén do século XII, probablemente orixinado por unhas paredes romanes encontros polos arredores.
Parets tiña xurisdición directa por parte do rei (Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso), excepto por un curto período ao 1383 cando o infante Xoán (posteriormente Xoán I de Aragón, o Cazador) vendeuno ao nobre Marco Planella. A muller de Bernardo de Planella devolveu a xurisdición ao rei en 1385. Para evitar que isto volvese suceder, Parets converteuse oficialmente nunha rúa de Barcelona en 1386.
En 1385, Parets, Mollet e Gallecs formaban parte dun mesmo municipio. Parets independizouse do resto a mediados do século XIX, en 1849. O pobo foi alternando períodos esplendorosos e tristes na súa historia milenaria: os tempos escuros dos séculos XIV e XV, o pouco crecemento demográfico do século XVII, ou o próspero século XVIII. Precisamente neste século, en 1706, as tropas do rei Filipe V de España incendiou a igrexa, e os arquivos de Parets queimáronse con ela. Este é o motivo da ignorancia actual sobre esta porción da historia paretana.
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2006 |
---|---|---|---|---|---|---|
1.245 | 1.957 | 2.325 | 5.626 | 8.741 | 14.478 | 16.413 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parets del Vallès |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.