![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bf/Paris_Nice_2018_-_stage_5_-_Apt_-_Peloton_5_maillot_jaune.jpg/640px-Paris_Nice_2018_-_stage_5_-_Apt_-_Peloton_5_maillot_jaune.jpg&w=640&q=50)
París-Niza 2018
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 76ª edición da París-Niza disputouse en Francia entre o 4 e o 11 de marzo de 2018. Foi a sexta proba pertencente ao UCI WorldTour 2018.
A carreira comezou cun prólogo 6'1 km en Conflans-Sainte-Honorine e finalizou como case sempre en Niza. A París-Niza foi a segunda proba do calendario do UCI WorldTour 2016.
A carreira venceuna o ciclista catalán, Marc Soler. O do Movistar Team arrincaba a última tirada da volta a 37 do líder naquel momento, Simon Yates, e estando na sexta posición da xeral. Soler atacou mediada a etapa xunto ao tamén catalán David de la Cruz, aos que se uniu o vasco Omar Fraile[1]. Os tres españois consolidaron unha renda de 38 segundos en meta. Mentres de la Cruz e Fraile disputaron a vitoria parcial ao sprint na cidade de Niza, Soler entraba 3 segundos despois, 35 por diante de Yates pero aproveitándose das bonificacións para alzarse co triunfo da "Ruta do Sol". Ademais, o de Vilanova i la Geltrú fíxose co maillot branco dos corredores novos. Finalmente, o británico Simon Yates finalizou segundo e o vasco Gorka Izagirre terceiro, co seu irmán Ion cuarto, a 2 segundos grazas ás bonificacións
No resto das clasificacións os vencedores foron: Tim Wellens no maillot verde da regularidade, Thomas De Gendt no dos puntos da montaña e o Bahrain-Merida na clasificación dos equipos.