Parápodo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os parápodos ou parapodios son apéndices pares que aparecen nos segmentos do corpo dos anélidos poliquetos (ou só nos segmentos de determinadas rexións do corpo). Os parápodos teñen función locomotora e sosteñen as branquias. Tamén algúns clados de moluscos gasterópodos opistobranquios presentan extensións do pé que se chaman parapodios, pero de distinta natureza que os dos anélidos.