Pará
estado federado do Brasil From Wikipedia, the free encyclopedia
estado federado do Brasil From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pará é un estado brasileiro situado no leste da Rexión Norte. Ten como límites o Suriname e o Estado do Amapá ao norte, o océano Atlántico ao nordeste, o Maranhão ao leste, o Tocantins ao sueste, Mato Groso ao sur, o Amazonas ao oeste e o Estado de Roraima e a Güiana ao noroeste. Área: 1.253.164,5 km². A súa capital é Belém do Pará. As cidades máis importantes son Belém, Santarém, Marabá, Altamira, Castanhal e Abaetetuba.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
O seu relevo é baixo e plano; o 58% do territorio encóntrase abaixo dos 200 metros. As altitudes superiores a 500 metros están nas Serras de Carajás, Caximbinho e Acari. Os ríos principais son os ríos Amazonas, Tapajós, Tocantins, Xingu e Jari.
Gran parte do estado é cuberta pola selva amazónica, co súa grande biodiversidade. Nalgunhas rexións ó sur do estado a selva foi substituída por cultivos, principalmente soia.
O clima predominante é ecuatorial, moi húmido e co intensas chuvias principalmente no verán.
A súa economía baséase na extracción mineral (ferro, bauxita, manganeso, calcario, ouro, estaño) e vexetal (caucho), e tamén na agricultura, na gandería e na industria (aluminio).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pará |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.