Papiliónidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os papiliónidos (Papilionidae) son unha ampla familia de bolboretas grandes e coloridas, que comprende máis de 550 especies. Aínda que a maioría son tropicais, os membros da familia habitan en todos os continentes excepto a Antártida. A familia inclúe as bolboretas máis grandes do mundo, do xénero Ornithoptera.[1]
Papilionidae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Papilio machaon | |||||||||||||||
Subfamilias e xéneros | |||||||||||||||
Hai 31 xéneros e case 600 especies:
|
Os papiliónidos teñen varias características distintivas; por exemplo, as eirugas de papiliónidos teñen un órgano repugnatorio chamado osmeterio no seu protórax. O osmeterio normalmente permanece oculto, pero cando a larva é ameazada sácao fóra a través dunha amosega transversal dorsal inflándoo cun fluído.[2]
A aparencia bifurcada das ás posteriores dos papiliónidos, que poden verse cando a bolboreta está pousada coas ás estendidas, dálles unha aparencia que lembra a cola dunha andoriña. Como nome científico Linneo elixiu Papilio para o xénero tipo, que en latín significa 'bolboreta'. Como epítetos para as especies Linneo usou os nomes de heroes gregos. A especie tipo é Papilio machaon en honor de Macaón, un dos fillos de Asclepio, mencionado na Ilíada.[3]