![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3c/Lytras_Nikiforos_Carols.jpeg/640px-Lytras_Nikiforos_Carols.jpeg&w=640&q=50)
Panxoliña
subxénero da lírica / From Wikipedia, the free encyclopedia
A panxoliña[1] é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo Nadal.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3c/Lytras_Nikiforos_Carols.jpeg/640px-Lytras_Nikiforos_Carols.jpeg)
Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral. As panxoliñas, pola contra, son cancións populares cantadas polo pobo, en grupo ou individualmente ante o Belén ou na festa do Nadal.
Sábese da existencia de panxoliñas desde o século XV, mais non nos chegou ningún documento que explique as súas características, só referencias a como se organizaban os veciños para lle iren cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.