![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bf/Clown_chili_peppers.jpg/640px-Clown_chili_peppers.jpg&w=640&q=50)
Pallaso, pallasa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un pallaso ou unha pallasa[1] é un artista que se dedica a facer rir aos outros coas súas bromas e chistes. Diferénciase dun humorista, que basea a súa graza nos xogos verbais, porque o pallaso está asociado a un aspecto extravagante, cheo de cores e exaxeracións e as súas actuacións inclúen xestos, interaccións co público e referencias ao circo, onde naceu esta profesión.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bf/Clown_chili_peppers.jpg/320px-Clown_chili_peppers.jpg)
O pallaso prototípico leva a cara chea de maquillaxe branca, cun gran nariz vermello a xogo cuns zapatos grandes. Leva perruca, un gran sorriso debuxado e a roupa chea de pedazos e petos, dos que saca obxectos para divertir á xente, especialmente aos pequenos. Como habilidades complementarias, normalmente sabe tocar un instrumento (como a trompeta), facer figuras con globos, facer equilibrios e torsións.
O humor do pallaso é o chamado "branco", baseado en caídas, en chistes sinxelos e no mimo. A súa orixe histórica está no clown ou gracioso do teatro e os bufóns medievais.