Palais Bourbon
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Palais Bourbon (Pazo Bourbon) é un pazo parisiense construído para albergar a residencia dos membros da familia Bourbon e que actualmente é a sede da Asemblea Nacional de Francia. O pazo atópase na rive gauche (marxe esquerda) do Sena, en fronte da praza da Concordia unida a ela pola ponte da Concordia.
Ortograficamente distínguense a forma común palais Bourbon, cando se fala do inmoble, e Palais-Bourbon (con guión e iniciais maiúsculas), cando se fai referencia á institución da República onde se atopa a Assemblée nationale (Asemblea Nacional).