PSO J318.5−22

From Wikipedia, the free encyclopedia

PSO J318.5−22


PSO J318.5−22 é un planeta interestelar, un obxecto de masa planetaria que non orbita unha estrela.[4][5] Está situado a aproximadamente 80 anos luz de distancia, e pertence á asociación estelar Beta Pictoris.[6] O obxecto descubriuse en 2013 en imaxes tomadas polo telescopio de campo amplo Pan-STARRS PS1. A idade de PSO J318.5-22 estimouse en 12 millóns de anos, a mesma idade que o grupo Beta Pictoris.[7] Baseándose na súa temperatura e idade, está clasificado dentro do tipo espectral L7 das ananas marróns.[1]

Datos rápidos Pan-STARRS PS1 no ano 2013, Descubrimento ...
PSO J318.5−22
Thumb
PSO J318.5-22 (o obxecto vermello) capturado polo telescopio Pan-STARRS PS1 no ano 2013
Descubrimento
Descuberto co Telescopio Pan-STARRS PS1, en Haleakalā
Data do descubrimento 2013
Método de detección Direct imaging
Designacións
Designacións alternativas 2MASS J21140802-2251358, PSO J318.5338-22.8603, TIC 24266526, WISE J211408.13-225137.3
Características físicas
Radio medio 1,53 Rx
Masa 6,5 (+1,3 −1) Mx[1]
Período de rotación sideral 8,6 ± 0,1 h[2]
Oblicuidade 56,2° ± 8,1° (respecto do plano celeste)[2]
Temperatura 1275 K[3]
Tipo espectral L7
Pechar
Thumb
"Cartel de viaxe" do Programa de Exploración de Exoplanetas da NASA para PSO J318.5-22

O líder do equipo, Michael Liu do Institute for Astronomy da Universidade de Hawaii, afirmou: "Nunca antes vimos un obxecto flotando libremente no espazo que semellase a este. Ten todas as características dos planetas novos que se atopan ó redor doutras estrelas, pero está a deriva e só.[8] As teorías actuais sobre tales obxectos inclúen a posibilidade de que perturbacións gravitacionais puidesen expulsalos dos seus sistemas planetarios pouco despois de formarse a través da acreción planetaria ou tamén poderían estar formados por algún outro medio.[9] As temperaturas estimadas dentro das súas nubes exceden os 1,100 K (800 °C). As nubes, feitas de po quente e ferro fundido, amosan como de xeneralizadas están as nubes nos planetas e obxectos semellantes.[10] En 2020, os modelos amosaron que a variabilidade do brillo non se pode atribuír sen ambigüidade ás nubes.[3]


Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.