![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/86/POD2ByPhilKonstantin.jpg/640px-POD2ByPhilKonstantin.jpg&w=640&q=50)
P.O.D.
From Wikipedia, the free encyclopedia
P.O.D. (Payable On Death) é unha banda de rapcore e nu metal de San Diego (California). A música de P.O.D. está influenciada polo metal alternativo, o rap e o reggae. A banda está composta polo vocalista Sonny Sandoval, o batería Wuv Bernardo, o guitarrista Marcos Curiel e o baixista Traa Daniels. A súa fe cristiá é unha parte importante na súa música.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
P.O.D. | |
---|---|
![]() | |
Orixe | San Diego (California), ![]() |
Período | 1992 - actualidade |
Xénero(s) | nu metal, metal alternativo, rap metal |
Selo(s) discográfico(s) | Atlantic Records, Warner Music Group |
Membros | Sonny Sandoval Marcos Curiel Noah Wuv Bernardo Mark Traa Daniels |
Antigos membros | Jason Truby |
Na rede | |
www.payableondeath.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A banda leva editados sete álbums de estudio e vendeu ao redor dos 10 millóns de discos en todo o mundo. Tamén ten recibido tres nomeacións aos premios Grammy e contribuíu con temas en varias bandas sonoras de películas. Co seu terceiro álbum, The Fundamental Elements of Southtown, acadaron o éxito entre o grande público e o traballo foi certificado platino no ano 2000. O seu seguinte disco, Satellite, continuou o éxito do grupo grazas aos sinxelos "Alive" e "Youth of the Nation", facendo que o traballo fose certificado triplo platino.