![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/83/Pulpito_di_Donatello_e_Michelozzo_-_Duomo_di_Prato.jpg/640px-Pulpito_di_Donatello_e_Michelozzo_-_Duomo_di_Prato.jpg&w=640&q=50)
Púlpito exterior da catedral de Prato
From Wikipedia, the free encyclopedia
O púlpito exterior da Catedral de Prato é unha obra de Donatello e Michelozzo, datado de 1428 ao 1438. Composto de mármore, bronce e mosaico, encóntrase na parte sueste da catedral de Prato (os relevos orixinais encóntranse no Museo dell'Opera del Duomo [Prato]). O púlpito ten unha medida de 210 cm de altura ata o tellado.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/83/Pulpito_di_Donatello_e_Michelozzo_-_Duomo_di_Prato.jpg/640px-Pulpito_di_Donatello_e_Michelozzo_-_Duomo_di_Prato.jpg)
Dende o púlpito faise a exposición pública da importante reliquia do Cíngulo da nosa Señora, que se mostra en Nadal, Pascua, 1 de maio, 15 de agosto e, no día máis solemne, o 8 de setembro, festa da Natividade de María.