From Wikipedia, the free encyclopedia
Oviraptoridae é unha familia de dinosauros terópodos oviraptorosaurianos, que viviron dende o Cretáceo inferior até o Cretáceo superior (fai aproximadamente 125 e 65 millóns de anos, desde o Aptiano até o Mastrichtiano), no que hoxe é Mongolia e a China.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2019.) |
Oviraptoridae Rango fósil: Cretáceo | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Heyuania | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Fósil | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
Ver o texto. |
Os ovirraptóridos podían chegar a medir até 8 m aínda que a maioría non excedía os 2. Posuían un característico peteiro desdentado e curvado. Algúns membros desta familia, como o ovirráptor ou o citipati, presentan unha crista semellante á do casuario. Debido á súa posición filoxenética, probablemente os ovirraptóridos presentaban plumas.
Oviraptoridae defínese como o clado máis inclusivo que contén ao Oviraptor philoceratops (Osborn, 1924) mais non ao Chirostenotes pergracilis (Sternberg, 1940).
Oviraptorinae é unha subfamilia de dinosauros terópodos ovirráptoridos que viviron no Cretáceo superior (fai aproximadamente 84 e 65 millóns de anos, no Campaniano e o Mastrichtiano, no que é hoxe Mongolia e a China.
Oviraptorinae defínese como o clado máis inclusivo que contén ao Oviraptor philoceratops (Osborn, 1924) e a Citipati osmolskae (Clark, Norell, & Barsbold, 2001).
Ingeniinae é unha subfamilia de dinosauros terópodos ovirráptoridos que viviron no Cretáceo superior (fai aproximadamente 84 e 65 millóns de anos, no Campaniano e o Mastrichtiano, no que é hoxe Mongolia e a China.
Oviraptorinae defínese como o clado mais inclusivo que contén Ingenia yanshini (Barsbold, 1981) e a Conchoraptor gracilis (Barsbold, 1986).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oviraptoridae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Oviraptoridae |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.