Oude Kerk
igrexa de Ámsterdam, nos Países Baixos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Oude Kerk ("Igrexa vella") é o edificio máis antigo de Ámsterdam e a súa igrexa parroquial máis antiga, consagrada en 1306 polo bispo de Utrecht con san Nicolao como o seu santo patrón. Logo da Reforma en 1578, transformouse nunha igrexa calvinista, o que continúa sendo até os nosos días. Atópase en De Wallen, na actualidade a principal zona vermella de Ámsterdam. A praza que rodea a igrexa é a Oudekerksplein.